PARTICIPACIÓN NA XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PARTICIPACIÓN SOCIAL ORGANIZADA POR ADEGA

Convidados polas compañeiras de ADEGA o pasado sábado 28 de novembro asistimos á xornada “Especies Exóticas Invasoras e Participación Social” que se celebrou no Museo Domus de A Coruña.

NFR_ANABAM

Resumo gráfico da ponencia presentada por Noé Ferreira-Rodríguez en representación de ANABAM. Fonte das imaxes: Cesar Ayres/Ramsés Pérez – ADEGA/ANABAM.

Un completo programa permitiu abordar a problemática das especies exótica invasoras dende puntos de vista tan diferentes como a investigación e o voluntariado. O inicio das xornadas contou coa presenza da Directora Xeral de Conservación da Natureza (Ana Mª López), da Concelleira de Medio Ambiente do Concella de A Coruña (María García) e da Presidenta de ADEGA (Virginia Rodríguez). Tras unha primeira intervención analizando a percepción social das plantas invasoras por parte de Marisa Chas da Universidade de Santiago, a xornada estivo estruturada en tres mesas: 1) investigación e xestión con representantes das universidades de Santiago (María Inmaculada) e Vigo (Luis González), así como do Grupo de Estudo do Medio Mariño (Rafael Bañón) e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Jesús Santamarina); 2) divulgación con ponencias de ADEGA (Lucía Parente) e das universidades de Santiago (Miguel Serrano), Coimbra (Francisco López) e Vigo (Luis Navarro) e; 3) voluntariado ambiental e custodia do territorio coa participación de ADEGA (Ramsés Pérez), Fragas do Mandeo (Fernando Bandín), ANABAM (Noé Ferreira) e Red Cambrera (Sergio Tejón).

Mesa Noé horizontal red5

Mesa redonda: (de esquerda a dereita: Fernando Bandín, Fragas do Mandeo; Sergio Tejón, Red Cambera; Lucía Parente, ADEGA; Ramsés Pérez, ADEGA; Noé Ferreira, ANABAM). Fonte da imaxe: ADEGA.

Entre as conclusións extraídas  da xornada cabe salientar a unanimidade ao afirmar que, fronte a un problema global como son as especies exóticas invasoras só cabe unha resposta coordinada da comunidade internacional para afrontalo así como a implicación de tódolos sectores da sociedade involucrados.

As especies exóticas invasoras son hoxe en día entendidas como un compoñente máis do cambio global que leva á modificación do hábitat e a perda de biodiversidade cunha homoxenización da fauna e flora. Aínda que só unha pequena parte das especies exóticas que conseguen establecerse nos ecosistemas aos que chegan (ou son levadas) só unha pequena parte delas desenvolve o seu potencial invasivo ocasionando danos tanto a nivel ecosistémico como económico.

ANABAM focaliza parte do seu traballo no seguimento e control de especies como a Avespa asiática (Vespa velutina) a través da eliminación de niños cando os medios materiais do que dispoñemos o permiten. Así mesmo realizamos un intensivo seguimento do Picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) e recollemos especies exóticas invasoras como o Sapoconcho de florida (Trachemys scripta).

Ademais dos temas relacionados coa Custodia do Territorio, na ponencia adicamos un pequeno apartado a falar do proxecto de recuperación da especie exítica Dicksonia antarctica como elemento moi vencellado ao patrimonio cultural do Baixo Miño.

UN_BOSQUE_PARA_UNHA_BOLBORET

Portada da ponencia sobre custodia do territorio e participación social na erradicación de especies exóticas invasoras presentada na xornada.

Resumo da ponencia:

Especies exóticas invasoras e participación social_Ferreira-Rodríguez_2015_ANABAM

Presentación en pdf:

EEI_ADEGA_Noe Ferreira-Rodriguez_ANABAM_2015

Advertisements

ENTREVISTA NO PROGRAMA “CUÍDATE” DE LOCALIA TV

Entrevista por parte de Santiago Marcuño e Mayca Varela no programa “Cuídate!” de Localia TV a Manuel A. Pombal e Noé Ferreira-Rodríguez, membros da xunta directiva de ANABAM, onde entre outras cuestións se pregunta acerca dos Fentos arbóreos de Oia.

A HISTORIA RECENTE DOS FENTOS ARBÓREOS (Dicksonia antarctica) NO CARRIZAL

Dende a fundación de ANABAM en xuño de 1985 o boletín mensual CARRIZAL informa das novas de contido medioambiental da comarca. O achádego dos fentos arbóreos non podía ser menos e no número 112 do boletín dábase conta do seu descubrimeto polo biólogo Xurxo Pérez Pintos que trasladou a nova a ANABAM.

Nun primeiro momento os exemplares se atribuíron á especie Culcita Macrocarpa. A especie suscitou o interese de botánicos como X. Ramón García e medios de comunicación e, grazas a difusión, o experto en fentos A. Pablo contactou con ANABAM pasando a clasificar á especie dentro do xénero Dicksonia (CARRIZAL 113).

Ante a dúbida da especie de Dicksonia á que pertencían os exemplares e, incluso soñando con que se tratara du novo taxon bautizouse provisionalmente coma Dicksonia vilariensis facendo referencia ao regato Vilar onde foi atopada.

Pero non todo foron boas novas e no número 116 do CARRIZAL de marzo de 2003, 300 € de recompensa acompañaban á nova do roubo dun exemplar do regato en xaneiro dese mesmo ano. Se plantexou entón: dar a coñecer a existencia dos fentos para involucrar á poboación na súa proteción ou manter a súa localización en segredo para preservalos?

Coñecer para protexer, esa foi sempre a máxima e no CARRIZAL nº 125 de febreiro de 2004 dúas novas aparecían relativas aos fentos. Por unha banda as visitas guiadas efectuadas con máis de 30 persoas a estes exemplares e aos da especie Woodwardia radicans, outra das xoias botánicas que se atopan nun regato próximo. A outra nova daba conta dunha tala que puxo en perigo a estes fentos arbóreos pero que afortunadamente non foi máis aló.

Coa posta en marcha da páxina web da Asociación www.anabam.org, a información relativa aos fentos foi a parecendo periódicamente nesta páxina, dende o roubo de exemplares ata a posta en marcha do Plan de Recuperación da especie no Baixo Miño.

4-9 6-74-9 (2)6-7 (2)3-10

REFERENCIAS:

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 112.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 113.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2003. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 116.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2004. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 125: 6, 11.

RUTA MÁXICA DE OIA

O percorrido está en torno aos 20 km e transcorre entre os 100 e os 300 m sobre o nivel do mar. Sinalizado nas dúas direccións pero recoméndase facelo de sur a norte pasando ao pouco do seu comezo polo Regato Vilar onde podemos atopar aos fentos arbóreos de Oia. Nivel de dificultade baixo.

Premer na imaxe para acceder ao tríptico da ruta ou visitar http://www.anabam.org/RUTA%20MAXICA.html#rutmaxic para outros idiomas.

ruta maxica oia senderismo

REBROTAN LOS HELECHOS DE OIA DADOS POR EXTINGUIDOS

Únicos en Europa y pertenecientes a la especie Dicksonia antarctica habían sido arrasados por el incendio que afectó a Viladesuso el pasado agosto .

EL CORREO GALLEGO

ENLACE AO ARTIGO

Artigo de XAIME LEIRO para EL CORREO GALLEGO o 15 de outubro de 2006.

[000563]

Fentos arbóreos (Dicksonia antarctica)  gromando tras os incendios do verán de 2006. Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM

ENTREVISTA EN RADIO CERNA

Entrevista para Radio Cerna a Noé Ferreira a propósito da Dicksonia antarctica, os fentos arbóreos de Oia, e o Plan de Recuperación posto en marcha por ANABAM no ano 2012. Data da entrevista 7 de xaneiro de 2013.

http://www.ivoox.com/recuperar-o-fento-arboreo-australiano-oia-audios-mp3_rf_1688237_1.HTML

radio cerna adega

Enlace á entrevista:

ENTREVISTA RADIO CERNA NOÉ FERREIRA ANABAM DICKSONIA

Radio Cerna é una iniciativa radiofónica de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) que constitúe o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista na comunidade.

 

ENTREVISTA EN “VEDA ABIERTA” DE CANAL+

Entrevista a Noé Ferreira Rodríguez en el programa “Veda abierta” del canal Caza y Pesca de Canal+, de la mano de Juan Delibes y Manuel Fernández, acerca de los helechos arbóreos de la especie Dicksonia antarctica en el Ayuntamiento de Oia (Pontevedra) y el plan de recuperación que la Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM) lleva a cabo con la especie.