PARTICIPACIÓN NA XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PARTICIPACIÓN SOCIAL ORGANIZADA POR ADEGA

Convidados polas compañeiras de ADEGA o pasado sábado 28 de novembro asistimos á xornada “Especies Exóticas Invasoras e Participación Social” que se celebrou no Museo Domus de A Coruña.

NFR_ANABAM

Resumo gráfico da ponencia presentada por Noé Ferreira-Rodríguez en representación de ANABAM. Fonte das imaxes: Cesar Ayres/Ramsés Pérez – ADEGA/ANABAM.

Un completo programa permitiu abordar a problemática das especies exótica invasoras dende puntos de vista tan diferentes como a investigación e o voluntariado. O inicio das xornadas contou coa presenza da Directora Xeral de Conservación da Natureza (Ana Mª López), da Concelleira de Medio Ambiente do Concella de A Coruña (María García) e da Presidenta de ADEGA (Virginia Rodríguez). Tras unha primeira intervención analizando a percepción social das plantas invasoras por parte de Marisa Chas da Universidade de Santiago, a xornada estivo estruturada en tres mesas: 1) investigación e xestión con representantes das universidades de Santiago (María Inmaculada) e Vigo (Luis González), así como do Grupo de Estudo do Medio Mariño (Rafael Bañón) e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Jesús Santamarina); 2) divulgación con ponencias de ADEGA (Lucía Parente) e das universidades de Santiago (Miguel Serrano), Coimbra (Francisco López) e Vigo (Luis Navarro) e; 3) voluntariado ambiental e custodia do territorio coa participación de ADEGA (Ramsés Pérez), Fragas do Mandeo (Fernando Bandín), ANABAM (Noé Ferreira) e Red Cambrera (Sergio Tejón).

Mesa Noé horizontal red5

Mesa redonda: (de esquerda a dereita: Fernando Bandín, Fragas do Mandeo; Sergio Tejón, Red Cambera; Lucía Parente, ADEGA; Ramsés Pérez, ADEGA; Noé Ferreira, ANABAM). Fonte da imaxe: ADEGA.

Entre as conclusións extraídas  da xornada cabe salientar a unanimidade ao afirmar que, fronte a un problema global como son as especies exóticas invasoras só cabe unha resposta coordinada da comunidade internacional para afrontalo así como a implicación de tódolos sectores da sociedade involucrados.

As especies exóticas invasoras son hoxe en día entendidas como un compoñente máis do cambio global que leva á modificación do hábitat e a perda de biodiversidade cunha homoxenización da fauna e flora. Aínda que só unha pequena parte das especies exóticas que conseguen establecerse nos ecosistemas aos que chegan (ou son levadas) só unha pequena parte delas desenvolve o seu potencial invasivo ocasionando danos tanto a nivel ecosistémico como económico.

ANABAM focaliza parte do seu traballo no seguimento e control de especies como a Avespa asiática (Vespa velutina) a través da eliminación de niños cando os medios materiais do que dispoñemos o permiten. Así mesmo realizamos un intensivo seguimento do Picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) e recollemos especies exóticas invasoras como o Sapoconcho de florida (Trachemys scripta).

Ademais dos temas relacionados coa Custodia do Territorio, na ponencia adicamos un pequeno apartado a falar do proxecto de recuperación da especie exítica Dicksonia antarctica como elemento moi vencellado ao patrimonio cultural do Baixo Miño.

UN_BOSQUE_PARA_UNHA_BOLBORET

Portada da ponencia sobre custodia do territorio e participación social na erradicación de especies exóticas invasoras presentada na xornada.

Resumo da ponencia:

Especies exóticas invasoras e participación social_Ferreira-Rodríguez_2015_ANABAM

Presentación en pdf:

EEI_ADEGA_Noe Ferreira-Rodriguez_ANABAM_2015