FLORA EXÓTICA INVASIVA NO VILAR

This slideshow requires JavaScript.

Phytolacca americana L. – Tintureira ou uva dos tintureiros xa que se intentou utilizar para tinguir téxtiles e darlle maior intensidade á cor do viño tinto aindá que se trata dunha pranta tóxica. Introducida dende América do Norte e amplamente espallada por todo o mundo. En Galicia a súa presenza coñécese dende medidados do século XIX.

Eucalyptus globulus Labill – Introducido dende Australia a medidados do século XIX. Se teñen asociado multitude de efectos prexudiciais para o sólo e as súas plantacións ocupan hoxe en día gran parte do territorio galego (ca. 400.000 ha). O 80% da producción anual está destinada a producción de pasta de papel.

Ipomoea indica (Burm.) Merr.-  Orixinaria de Centroamérica e América tropical. Introducida con fins ornamentais na Península Ibérica dende comezos do século XX (máis info: Ipomoea indica)

Acacia dealbata Link – Introducida dende Australia, Nova Gales do Sur, Victoria, Tasmania, etc. Dende comezos do século XIX utilizouse en Europa cons fins ornamentais aínda que tamén foi empregada para a fixación do terreo.

Advertisements

FLORA EXÓTICA INVASORA: Iponema indica

Texto: Manuel Angel Pombal (ANABAM)

Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

En: http://www.anabam.org/IPOMOEA%20INDICA.htmlIMG_0377

Iponema indica na estrada de acceso ao regato Vilar, fotografía obtida en outibr de 2014.

A especie Ipomoea indica, é unha enredadeira perenne da Familia das Convolvulaceae que se coñece comunmente co nome de campaíña (campanita, maravilla). O nome Ipomoea procede do grego ips, ipos = verme e homoios = parecido, polo hábito voluble dos seus talos.

Descrición:

Trátase dunha planta perenne, cos talos rastreiros ou gabeadores apoiándose na vexetación circundante. Ten follas lobuladas (con 3 lóbulos redondeados), flores grandes (de ata 9 cm) e azuis ou violáceas, con corola infundibuliforme con 5 pétalos soldados en toda a súa lonxitude (como acontece en todas as convolvuláceas). O froito é unha cápsula con 4 sementes.

Descoñecemos se ten reprodución sexual, a rexeneración vexetativa parece ser a de maior importancia, mediante o enraizamento dos talos.

Hábitat

É orixinaria de Centroamérica e Améroca tropical, peroxa é unha especie invasora introducida en diferentes lugares do mundo, incluíndo Australia e a Europa Mediterránea. Foi introducida como especie ornamental e soe cultivarse en xardíns polas súas grandes flores azuis e a súa capacidade de tapizar rápidamente. Esta especie está moi estendida pola área costeira galega, principalmente nas proximidade de zonas urbanas, onde se desenvolve con rapidez tapizando muros e árbores.

Outras especies do xénero Ipomoea.

O xénero Ipomoea comprende unhas 500 especies de ampla distribución nos trópicos de ambos hemisferios. En España cultívanse varias especies deste xénero, tales como: I. alba, I. arborescens, I. batatas, I. bolusiana, I. bonariensis, I. cairica, I. carnea, I. hederifolia, I. horsfalliae, I. indica, I. lobata. I. mauritiana, I. nil (heredacea), I. pandurata, I. pes-caprae, I. purpurea, I. sagittata, I. setosa, I. stolonifera, I. tricolor, ou I. violacea.

 

A Ipomoea purpurea é parecida a I. indica, pero distínguese por ter flores máis pequenas e follas enteiras, mentres que as de I. indica son claramente lobuladas. En Galicia esta especie tamén foi citada nas Rías Baixas. 

Características xerais das Ipomoeas

As Ipomoeas constitúen un xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes ou arbustos, sempreverdes ou caducifolios, con ou sen látex, a miúdo cos talos volubles.

Follas: alternas, pecioladas ou subsésiles, enteiras, palmatilobadas ou pinnatífidas.

Flores: solitarias ou agregadas, cada flor con 2 bractéolas. Cáliz con 5 sépalos; corola con 5 pétalos, enteira ou lobulada, xeralmente infundibuliforme, máis raramente acampanada. Androceo con 5 estames insertos cerca da base do tubo da corola, opostos aos sépalos; anteras con dehiscencia lonxitudinal.

Froito: normalmente en cápsula con dehiscencia en 4-6 valvas ou con dehiscencia irregular, máis raramente indehiscente. Sementes 1-4 (-6).

Requiren solos de tipo medio, ben drenados e unha exposición soleada, con temperaturas que non descendan de 10 ºC, necesitando un soporte por onde gabear. Multiplícanse por sementes en primavera, que deben remollarse en auga quente antes de sementalas. As especies perennes tamén se poden multiplicar por esquexes.

As sementes dalgunhas especies, como I. tricolor, foron utilizadas como alucinóxenos porque contén derivados do ácido lisérxico.

Algunhas localizacións no Baixo Miño:

Na costa dos Soldados en Camposancos (concello de A Guarda); Río de Vilar, As Orelludas, Vilar (carretera) na parroquia de Pedornes e cerca da igrexa de Loureza (concello de Oia); Na senda dos pescadores de San Miguel de Tabagón e cerca do campo futbol e do  colexio (concello de O Rosal); Malvas (no concello de Tomiño).

DEZ ANOS NO REGATO VILAR (2005 – 2014)

Os fentos arbóreos da especie Dicksonia antarctica centran parte dos esforzos de ANABAM dende o ano 2002 cando foron descubertos no Regato Vilar.1

No ano 2005 unha ducia de exemplares de Dicksonia antactica entre medio e tres metros podían atoparse nas ribeiras do Vilar. Xunto a eles se atopaban ata vinte pequenos esporófitos.

2

No verán de 2006 unha vaga de lumes arrasou parte dos montes da comarca incidindo especialmente sobre o Concello de Oia. Os Regato Vilar e as frondes dos fentos quedan reducidos a cinzas.

5No outono do mesmo ano 2006 as ladeiras sen vexetación non son capaces de absorber as intensas chuvias. As riadas que provocan levan por diante parte da poboación que queda reducida a sete exemplares.

?????????????????????????Pouco a pouco o regato e os fentos recuperan parte do esplendor perdido. A principal ameaza para os fentos é a seca que sufre o regato no verán e a falla de cobertura vexetal que os protexa do sol mantendo a humidade no ambiente.

6No ano 2011 novas riadas reducen a poboación a tan só catro exemplares, sendo preciso transplantar un dos mesmos parcialmente arrincado pola auga.

7As tarefas de control e protección dos fentos se intensifican tratando de salvagardar esta xoia botánica na comarca.

8No verán de 2013 o regato volve a levar un pequeno fío de auga por primeira vez dende o ano 2006.

IMGP0551Neste outono de 2014 o réxime hídrico segue sen estabilizarse e as chuvias seguen modificando a canle do regato.

ANFIBIOS DO VILAR

 

PINTAFONTES NOE FERREIRA ANABAM 2

Pintafontes común (Lissotriton boscai) no Regato Vilar (Oia). Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM.


No ano 2011 poideron verse no Regato Vilar centos de Pintafontes (Lissotriton boscai). Foi o último ano no que se produciu tal abundancia, os incendios forestais que levaron consigo a vexetación das ladeiras tamén eliminaron o almacén de auga durante o verán. Coa desaparición da vexetación o réxime hídrico do regato veuse alterado con riadas durante o outono e o inverno e secas durante os meses de verán. Estes feitos constitúen os estados de máxima alteración ao que pode ser sometido un curso de auga pasando de ser permanente a ter carácter estacional. Este desequilibrio no réxime hídrico leva asociada a imposibilidade de que se poida instalar unha ccomunidade de invertebrados que manteña aos organismos inmediatamente superiores na cadea trófica , neste caso aos Pintafontes, pero como eles, a Salamandriña galega (Chioglossa lusitanica) foi outra das grandes perxudicadas.

???????????????????????????????

Salamandriña galega (Chioglossa lusitanica) no Regato Vilar (Oia). Fotografía: Manuel A. Pombal – ANABAM.

PEGADAS DE XABARÍN (Sus scrofa)

Entre a fauna habitual do Regato Vilar os Xabarís (Sus scrofa) acoden os lamizais na procura de alimento. Aínda que non resulta sinxela a súa observación directa as súas pegadas na lama deixan constancia da súa presenza.

[000550]

Pisadas de Xabarín (Sus scrofa) na terra húmida, Regato Vilar (Oia). Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM

RECUPERACIÓN DUNHA POBOACIÓN SILVESTRE DO FENTO ARBÓREO DICKSONIA ANTARCTICA NO SUR DE PONTEVEDRA (GALICIA)

dicksonia_planPLAN_ DE_ RECUPERACIÓN_DO_FENTO_ARBOREO_DICKSONIA_ANTARCTICA_NO_BAIXO_MIÑO_NOE_FERREIRA_ANABAM

CONSULTA ISSUU: http://issuu.com/anabam/docs/plan_de_recuperaci_n_do_fento_arb_reo__dicksonia_a