Denegada a segunda solicitude de ANABAM para incluír aos fentos arbóreos no Cálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia

Unha vez máis a Dirección Xeral de Patrimonio Natural denega a solicitude de ANABAM para a inclusión dos fentos arbóreos de Oia (Dicksonia antarctica) no Cálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia.

O Baixo Miño, e o Concello de Oia en particular, perden deste xeito unha oportunidade única para a protexer legalmente estas xoias botánicas que chegaron ata os nosos días dende os tempos nos que o Mosteiro de Oia pertencente á Orde do Cister (único en Europa) exercía as labores de defensa da costa da man dos seus “monxes artilleiros”.

O Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia, sinala que se incluirán aqueles exemplares ou mouteiras cuxa conservación sexa necesario asegurar polos seus valores naturais, CULTURAIS, científicos, didácticos, estéticos ou paisaxísticos (…) de calquera especie botánica autóctona ou FORÁNEA (…) aconsella que as normas protectoras se fagan extensivas a este tipo de árbores, xa que constitúen un PATRIMONIO CULTURAL valioso, de interese público (…) e a OBRIGA da administración pública de adoptar as medidas necesarias para GARANTIR A CONSERVACIÓN das especies da flora e da fauna que viven en ESTADO SILVESTRE no territorio español (…).

Sen embargo, a pesar de que os exemplares de Dicksonia antarctiva presentes no Pazo de Santa Cruz de Rivadulla si foron incluídos neste catálogo a pesar de non tratarse de exemplares en estado silvestre, os examples presentes no Concello de Oia (posiblemente os únicos na Península en estado silvestre) parecen non merecer a mesma consideración a pesar do seu indudable valor cultural. Unha decisión que dende ANABAM lamentamos e fronte a que interporemos un recurso na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para que os fentos arbóreos de Oia sexan incluídos no Cálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia.

fentos oia anabam

Advertisements

Plan de Conservación da Dicksonia antarctica no Baixo Miño: cinco anos de traballo

En outubro de 2012 ANABAM iniciou as actividades de conservación dos fentos arbóreos da especie  Dicksonia antarctica no regato Vilar do Concello de Oia (Pontevedra).

21055901_2066518566911672_575241750301272301_o

Fotografía Agustín Ferreirra (26/08/2017). Labores de mantemento dos exemplares de Dicksonia antarctica no regato Vilar (Oia, Pontevedra)

Tras cinco anos de traballo, en outubro de 2017, damos por rematado o proxecto de recuperación do fento arbóreo D. antarctica no Baixo Miño. Ao longo destes anos no que realizamos o seguimento e conservación da poboación existente á vez que desenvolvemos tarefas de obtención de novos exemplares a partir de esporas, extraemos as seguintes conclusións:

  • A obtención de novos exemplares de D. antarctica a partir de esporas se presenta como una alternativa viable en programas de conservación desta especies de fento arbóreo.
  • A actual situación estival do regato Vilar (seca prolongada) non proporciona un enclave apto para a reintrodución de exemplares obtidos a partir de esporas.
  • A reintrodución da  D. antarctica en áreas naturais e ante un escenario de cambio global, debe ser avaliada por un grupo de expertos.
  • Espazos pechados e controlados (xardíns, arboretos) nos que se recree a diversidade de prantas que subministraban á botica do Mosteiro de Oia, preséntase como alternativa para o mantemento de novos exemplares de D. antarctica obtidos a partir de esporas e conservar así o seu valor cultural.
  • O futuro da Dicksonia antarctica no Baixo Miño pasa pola conservación dos catro exemplares que conseguiron sobrevivir aos incendios, riadas e secas estivais.

Deste xeito, e co obxectivo de conservar esta especie polo seu valor cultural para a comarca do Baixo Miño, ANABAM iniciará os trámites para solicitar a inclusión dos fentos arbóreos do regato Vilar no Catálogo galego de árbores senlleiras.

FLORA EXÓTICA INVASIVA NO VILAR

This slideshow requires JavaScript.

Phytolacca americana L. – Tintureira ou uva dos tintureiros xa que se intentou utilizar para tinguir téxtiles e darlle maior intensidade á cor do viño tinto aindá que se trata dunha pranta tóxica. Introducida dende América do Norte e amplamente espallada por todo o mundo. En Galicia a súa presenza coñécese dende medidados do século XIX.

Eucalyptus globulus Labill – Introducido dende Australia a medidados do século XIX. Se teñen asociado multitude de efectos prexudiciais para o sólo e as súas plantacións ocupan hoxe en día gran parte do territorio galego (ca. 400.000 ha). O 80% da producción anual está destinada a producción de pasta de papel.

Ipomoea indica (Burm.) Merr.-  Orixinaria de Centroamérica e América tropical. Introducida con fins ornamentais na Península Ibérica dende comezos do século XX (máis info: Ipomoea indica)

Acacia dealbata Link – Introducida dende Australia, Nova Gales do Sur, Victoria, Tasmania, etc. Dende comezos do século XIX utilizouse en Europa cons fins ornamentais aínda que tamén foi empregada para a fixación do terreo.

PARTICIPACIÓN NA XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PARTICIPACIÓN SOCIAL ORGANIZADA POR ADEGA

Convidados polas compañeiras de ADEGA o pasado sábado 28 de novembro asistimos á xornada “Especies Exóticas Invasoras e Participación Social” que se celebrou no Museo Domus de A Coruña.

NFR_ANABAM

Resumo gráfico da ponencia presentada por Noé Ferreira-Rodríguez en representación de ANABAM. Fonte das imaxes: Cesar Ayres/Ramsés Pérez – ADEGA/ANABAM.

Un completo programa permitiu abordar a problemática das especies exótica invasoras dende puntos de vista tan diferentes como a investigación e o voluntariado. O inicio das xornadas contou coa presenza da Directora Xeral de Conservación da Natureza (Ana Mª López), da Concelleira de Medio Ambiente do Concella de A Coruña (María García) e da Presidenta de ADEGA (Virginia Rodríguez). Tras unha primeira intervención analizando a percepción social das plantas invasoras por parte de Marisa Chas da Universidade de Santiago, a xornada estivo estruturada en tres mesas: 1) investigación e xestión con representantes das universidades de Santiago (María Inmaculada) e Vigo (Luis González), así como do Grupo de Estudo do Medio Mariño (Rafael Bañón) e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Jesús Santamarina); 2) divulgación con ponencias de ADEGA (Lucía Parente) e das universidades de Santiago (Miguel Serrano), Coimbra (Francisco López) e Vigo (Luis Navarro) e; 3) voluntariado ambiental e custodia do territorio coa participación de ADEGA (Ramsés Pérez), Fragas do Mandeo (Fernando Bandín), ANABAM (Noé Ferreira) e Red Cambrera (Sergio Tejón).

Mesa Noé horizontal red5

Mesa redonda: (de esquerda a dereita: Fernando Bandín, Fragas do Mandeo; Sergio Tejón, Red Cambera; Lucía Parente, ADEGA; Ramsés Pérez, ADEGA; Noé Ferreira, ANABAM). Fonte da imaxe: ADEGA.

Entre as conclusións extraídas  da xornada cabe salientar a unanimidade ao afirmar que, fronte a un problema global como son as especies exóticas invasoras só cabe unha resposta coordinada da comunidade internacional para afrontalo así como a implicación de tódolos sectores da sociedade involucrados.

As especies exóticas invasoras son hoxe en día entendidas como un compoñente máis do cambio global que leva á modificación do hábitat e a perda de biodiversidade cunha homoxenización da fauna e flora. Aínda que só unha pequena parte das especies exóticas que conseguen establecerse nos ecosistemas aos que chegan (ou son levadas) só unha pequena parte delas desenvolve o seu potencial invasivo ocasionando danos tanto a nivel ecosistémico como económico.

ANABAM focaliza parte do seu traballo no seguimento e control de especies como a Avespa asiática (Vespa velutina) a través da eliminación de niños cando os medios materiais do que dispoñemos o permiten. Así mesmo realizamos un intensivo seguimento do Picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) e recollemos especies exóticas invasoras como o Sapoconcho de florida (Trachemys scripta).

Ademais dos temas relacionados coa Custodia do Territorio, na ponencia adicamos un pequeno apartado a falar do proxecto de recuperación da especie exítica Dicksonia antarctica como elemento moi vencellado ao patrimonio cultural do Baixo Miño.

UN_BOSQUE_PARA_UNHA_BOLBORET

Portada da ponencia sobre custodia do territorio e participación social na erradicación de especies exóticas invasoras presentada na xornada.

Resumo da ponencia:

Especies exóticas invasoras e participación social_Ferreira-Rodríguez_2015_ANABAM

Presentación en pdf:

EEI_ADEGA_Noe Ferreira-Rodriguez_ANABAM_2015