2016: entramos no último ano de proxecto.

Trala última sementeira realizada en decembro de 2014 e a piques de rematar este ano 2015 o número de exemplares de Dicksonia antarctica obtidos a partir de esporas no microviveiro de ANABAM supera xa o centenar de esporófitos. Non todos conseguirán sair adiante pero con eles agardamos chegar aos 30 exemplares finais que nos marcamos ao comezo do proxecto.

dicksonia antarctica anabam noe ferreira 2Exemplar de Dicksonia antarctica obtido a partir de esporas sementadas en decembro de 2012. En tres anos o fento non supera os 10 cm de tamaño das súas frondes, evidenciando o lento desenvolvemento desta especie.

dicksonia antarctica anabam noe ferreira

Os fentos da imaxe foron sementados en decembro de 2013, en dous anos apenas levantan uns centímetros do substrato.

dicksonia antarctica anabam noe ferreira 3

Centos de gametófitos e esporófitos mixtúranse  na última xeración de fentos obtidos a partir de esporas sementadas fai agora un ano, en decembro de 2014.

 

ENTREVISTA NO PROGRAMA “CUÍDATE” DE LOCALIA TV

Entrevista por parte de Santiago Marcuño e Mayca Varela no programa “Cuídate!” de Localia TV a Manuel A. Pombal e Noé Ferreira-Rodríguez, membros da xunta directiva de ANABAM, onde entre outras cuestións se pregunta acerca dos Fentos arbóreos de Oia.

A HISTORIA RECENTE DOS FENTOS ARBÓREOS (Dicksonia antarctica) NO CARRIZAL

Dende a fundación de ANABAM en xuño de 1985 o boletín mensual CARRIZAL informa das novas de contido medioambiental da comarca. O achádego dos fentos arbóreos non podía ser menos e no número 112 do boletín dábase conta do seu descubrimeto polo biólogo Xurxo Pérez Pintos que trasladou a nova a ANABAM.

Nun primeiro momento os exemplares se atribuíron á especie Culcita Macrocarpa. A especie suscitou o interese de botánicos como X. Ramón García e medios de comunicación e, grazas a difusión, o experto en fentos A. Pablo contactou con ANABAM pasando a clasificar á especie dentro do xénero Dicksonia (CARRIZAL 113).

Ante a dúbida da especie de Dicksonia á que pertencían os exemplares e, incluso soñando con que se tratara du novo taxon bautizouse provisionalmente coma Dicksonia vilariensis facendo referencia ao regato Vilar onde foi atopada.

Pero non todo foron boas novas e no número 116 do CARRIZAL de marzo de 2003, 300 € de recompensa acompañaban á nova do roubo dun exemplar do regato en xaneiro dese mesmo ano. Se plantexou entón: dar a coñecer a existencia dos fentos para involucrar á poboación na súa proteción ou manter a súa localización en segredo para preservalos?

Coñecer para protexer, esa foi sempre a máxima e no CARRIZAL nº 125 de febreiro de 2004 dúas novas aparecían relativas aos fentos. Por unha banda as visitas guiadas efectuadas con máis de 30 persoas a estes exemplares e aos da especie Woodwardia radicans, outra das xoias botánicas que se atopan nun regato próximo. A outra nova daba conta dunha tala que puxo en perigo a estes fentos arbóreos pero que afortunadamente non foi máis aló.

Coa posta en marcha da páxina web da Asociación www.anabam.org, a información relativa aos fentos foi a parecendo periódicamente nesta páxina, dende o roubo de exemplares ata a posta en marcha do Plan de Recuperación da especie no Baixo Miño.

4-9 6-74-9 (2)6-7 (2)3-10

REFERENCIAS:

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 112.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 113.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2003. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 116.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2004. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 125: 6, 11.

DEZ ANOS NO REGATO VILAR (2005 – 2014)

Os fentos arbóreos da especie Dicksonia antarctica centran parte dos esforzos de ANABAM dende o ano 2002 cando foron descubertos no Regato Vilar.1

No ano 2005 unha ducia de exemplares de Dicksonia antactica entre medio e tres metros podían atoparse nas ribeiras do Vilar. Xunto a eles se atopaban ata vinte pequenos esporófitos.

2

No verán de 2006 unha vaga de lumes arrasou parte dos montes da comarca incidindo especialmente sobre o Concello de Oia. Os Regato Vilar e as frondes dos fentos quedan reducidos a cinzas.

5No outono do mesmo ano 2006 as ladeiras sen vexetación non son capaces de absorber as intensas chuvias. As riadas que provocan levan por diante parte da poboación que queda reducida a sete exemplares.

?????????????????????????Pouco a pouco o regato e os fentos recuperan parte do esplendor perdido. A principal ameaza para os fentos é a seca que sufre o regato no verán e a falla de cobertura vexetal que os protexa do sol mantendo a humidade no ambiente.

6No ano 2011 novas riadas reducen a poboación a tan só catro exemplares, sendo preciso transplantar un dos mesmos parcialmente arrincado pola auga.

7As tarefas de control e protección dos fentos se intensifican tratando de salvagardar esta xoia botánica na comarca.

8No verán de 2013 o regato volve a levar un pequeno fío de auga por primeira vez dende o ano 2006.

IMGP0551Neste outono de 2014 o réxime hídrico segue sen estabilizarse e as chuvias seguen modificando a canle do regato.

DOUS ANOS SEN RESULTADOS POSITIVOS COA Dicksonia antarctica

IMG_0502

Fento número 4 transplantado tras ser arrincado do leito polas riadas do ano 2011. Forografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

O fentos arbóreos mantéñense en perfectas condicións no Regato Vilar, a recuperación da cuberta vexetal permitiu que durante estes dous últimos anos a canle conservara durante o verán un caudal mínimo que afastara desta especie a pantasma da seca das catro plantas que sobreviven no regato.

IMG_0519

Regato Vilar (Oia) a comezos de verán de 2014 con pequenas charcas mantidas polo caudal que pouco a pouco recupera o regato. Forografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

Así mesmo, os exemplares que obtivemos no microviveiro se adaptaron perfectamente ao exterior e continúan o seu desenvolvemento á espera de ser transplantados a canle do Vilar no momento que consideremos que o seu porte pode asegurar a supervivencia dos plantóns.

O número de exemplares obtidos ata o momento a partir de esporas mantense en 12 esporófitos cuxas esporas foron sementadas en decembro de 2011. Durante os anos 2013 e 2014 non foi posible obter novos exemplares. No 2012-2013 un erro no mantemento das condicións ambientais fixo que os pequenos protalos (gametófitos) secaran ao pouco tempo de comezar a gromar. No ano 2013-2014 ensaiamos novos métodos e substratos sen éxito na obtención de novos exemplares de Dicksonia. A partir da experiencia que imos acumulando na reprodución en mantemento desta especie durante estes anos nesta nova tempada 2014-2015 retomaremos a aplicación das primeiras condicións recreadas en 2011 para, en certo modo, asegurar a obtención de novos exemplares que nos permitan chegar aos 30 individuos de Dicksonia establecidos ao comezo do Plan de Recuperación da especie no Baixo Miño.

DSC02216

Esporófito de Dicksonia antarctica obtido por esporas no microviveiro de ANABAM.Forografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

Coa obtención de exemplares a partir de acodos sobre os fentos existentes no Regato Vilar os resultados obtidos non foron máis satisfactorios que no caso das esporas. O primeiro e exitoso intento o realizamos no ano 2012 cando obtivemos catro exemplares dun porte considerable que poderían ter sido transplantados directamente no regato de non ser polo retraso na recollida dos mesmos e a chegada de altas temperaturas, que unha vez máis, provocou a seca dos plantóns. Cos novos acodos aplicados en primavera de 2013 e 2014 non obtivemos resultados, pero neste caso debeuse a unha modificación do protocolo seguido  nun intento por mellorar a súa efectividade. Novamente retomaremos a aplicación das medidas orixinais par nesta tempada 2014-2015 acadar o número de exemplares propostos no plan de recuperación.

DSC02221

DSC02222

Dous esporófitos de Dicksonia antarctica presentes no meicroviveiro de ANABAM en setembro de 2014. Forografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

REBROTAN LOS HELECHOS DE OIA DADOS POR EXTINGUIDOS

Únicos en Europa y pertenecientes a la especie Dicksonia antarctica habían sido arrasados por el incendio que afectó a Viladesuso el pasado agosto .

EL CORREO GALLEGO

ENLACE AO ARTIGO

Artigo de XAIME LEIRO para EL CORREO GALLEGO o 15 de outubro de 2006.

[000563]

Fentos arbóreos (Dicksonia antarctica)  gromando tras os incendios do verán de 2006. Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM

ENTREVISTA EN RADIO CERNA

Entrevista para Radio Cerna a Noé Ferreira a propósito da Dicksonia antarctica, os fentos arbóreos de Oia, e o Plan de Recuperación posto en marcha por ANABAM no ano 2012. Data da entrevista 7 de xaneiro de 2013.

http://www.ivoox.com/recuperar-o-fento-arboreo-australiano-oia-audios-mp3_rf_1688237_1.HTML

radio cerna adega

Enlace á entrevista:

ENTREVISTA RADIO CERNA NOÉ FERREIRA ANABAM DICKSONIA

Radio Cerna é una iniciativa radiofónica de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) que constitúe o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista na comunidade.

 

GRUPO DE TRABALLO DE ANABAM

Na actualizade o GT está formado por 11 persoas que realizan as máis variadas accións no seno de ANABAM, tanto no que se refire a traballos burocráticos, mantemento dos locais, arranxo e preparación de exposicións como saídas ao campo para recoller toda a información posible relacionada coa flora, fauna, paisaxe ou impactos ecolóxicos do Baixo Miño.

www.anabam.org

De esquerda á dereita os membros da Xunta Directiva Ricardo Portela Vilas; Mª Consuelo González de Dios; Manuel A. Pombal Diego; Agustín Ferreira Lorenzo; Noé Ferreira Rodríguez e Carlos Angilica Entenza (falta na foto Luis Dorado Senra, que non poido estar presente cando se obtivo a fotografía).

Dende a posta en funcionamento de ANABAM EN 1985, tódolos sábados do ano, agás aqueles que coincidan en festivo, o equipo de campo de ANABAM, formado polos socios que colaboran habitualmente coa asociación, sae ao campo para realizar tarefas tales como a recollida de datos de flora, fauna e paisaxe; impactos negativos que afectan ao territorio do Baixo Miño; realizar traballos de conservación e protección; labores de mantemento dos locais da asociación, etc.

Grupo de Traballo ANABAM

Membros do Grupo de Traballo nunha saída de campo na que participaron tamén uns amigos, realizada en Tomiño o sábado 5 de outubro de 2013.

MAIS INFO SOBRE ANABAM E AS ACTIVIDADES DO GRUPO DE TRABALLO EN

http://www.anabam.org