A HISTORIA RECENTE DOS FENTOS ARBÓREOS (Dicksonia antarctica) NO CARRIZAL

Dende a fundación de ANABAM en xuño de 1985 o boletín mensual CARRIZAL informa das novas de contido medioambiental da comarca. O achádego dos fentos arbóreos non podía ser menos e no número 112 do boletín dábase conta do seu descubrimeto polo biólogo Xurxo Pérez Pintos que trasladou a nova a ANABAM.

Nun primeiro momento os exemplares se atribuíron á especie Culcita Macrocarpa. A especie suscitou o interese de botánicos como X. Ramón García e medios de comunicación e, grazas a difusión, o experto en fentos A. Pablo contactou con ANABAM pasando a clasificar á especie dentro do xénero Dicksonia (CARRIZAL 113).

Ante a dúbida da especie de Dicksonia á que pertencían os exemplares e, incluso soñando con que se tratara du novo taxon bautizouse provisionalmente coma Dicksonia vilariensis facendo referencia ao regato Vilar onde foi atopada.

Pero non todo foron boas novas e no número 116 do CARRIZAL de marzo de 2003, 300 € de recompensa acompañaban á nova do roubo dun exemplar do regato en xaneiro dese mesmo ano. Se plantexou entón: dar a coñecer a existencia dos fentos para involucrar á poboación na súa proteción ou manter a súa localización en segredo para preservalos?

Coñecer para protexer, esa foi sempre a máxima e no CARRIZAL nº 125 de febreiro de 2004 dúas novas aparecían relativas aos fentos. Por unha banda as visitas guiadas efectuadas con máis de 30 persoas a estes exemplares e aos da especie Woodwardia radicans, outra das xoias botánicas que se atopan nun regato próximo. A outra nova daba conta dunha tala que puxo en perigo a estes fentos arbóreos pero que afortunadamente non foi máis aló.

Coa posta en marcha da páxina web da Asociación www.anabam.org, a información relativa aos fentos foi a parecendo periódicamente nesta páxina, dende o roubo de exemplares ata a posta en marcha do Plan de Recuperación da especie no Baixo Miño.

4-9 6-74-9 (2)6-7 (2)3-10

REFERENCIAS:

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 112.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 113.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2003. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 116.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2004. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 125: 6, 11.

Advertisements