A HISTORIA RECENTE DOS FENTOS ARBÓREOS (Dicksonia antarctica) NO CARRIZAL

Dende a fundación de ANABAM en xuño de 1985 o boletín mensual CARRIZAL informa das novas de contido medioambiental da comarca. O achádego dos fentos arbóreos non podía ser menos e no número 112 do boletín dábase conta do seu descubrimeto polo biólogo Xurxo Pérez Pintos que trasladou a nova a ANABAM.

Nun primeiro momento os exemplares se atribuíron á especie Culcita Macrocarpa. A especie suscitou o interese de botánicos como X. Ramón García e medios de comunicación e, grazas a difusión, o experto en fentos A. Pablo contactou con ANABAM pasando a clasificar á especie dentro do xénero Dicksonia (CARRIZAL 113).

Ante a dúbida da especie de Dicksonia á que pertencían os exemplares e, incluso soñando con que se tratara du novo taxon bautizouse provisionalmente coma Dicksonia vilariensis facendo referencia ao regato Vilar onde foi atopada.

Pero non todo foron boas novas e no número 116 do CARRIZAL de marzo de 2003, 300 € de recompensa acompañaban á nova do roubo dun exemplar do regato en xaneiro dese mesmo ano. Se plantexou entón: dar a coñecer a existencia dos fentos para involucrar á poboación na súa proteción ou manter a súa localización en segredo para preservalos?

Coñecer para protexer, esa foi sempre a máxima e no CARRIZAL nº 125 de febreiro de 2004 dúas novas aparecían relativas aos fentos. Por unha banda as visitas guiadas efectuadas con máis de 30 persoas a estes exemplares e aos da especie Woodwardia radicans, outra das xoias botánicas que se atopan nun regato próximo. A outra nova daba conta dunha tala que puxo en perigo a estes fentos arbóreos pero que afortunadamente non foi máis aló.

Coa posta en marcha da páxina web da Asociación www.anabam.org, a información relativa aos fentos foi a parecendo periódicamente nesta páxina, dende o roubo de exemplares ata a posta en marcha do Plan de Recuperación da especie no Baixo Miño.

4-9 6-74-9 (2)6-7 (2)3-10

REFERENCIAS:

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 112.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2002. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 113.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2003. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 116.

Ferreira Lorenzo, Agustín, 2004. Asociación Naturalista “Baixo Miño”. CARRIAL 125: 6, 11.

Advertisements

Gametófitos de Dicksonia antarctica

De xeito natural, unha vez maduras, as esporas son dispersadas polo vento xerminando e orixinando o gametófito (ou protalo) cando caen nunha localización axeitada. Nos traballos desenvolvidos durante as tarefas de reprodución da especie, as esporas conservaron a viabilidade ate tres anos despois de ser sementadas nos microinvernadoiros, orixinando ano tras ano novos gametófitos que unha vez fecundados darán lugar aos esporófitos, plantas adultas que pasarán a formar parte da poboación de Dicksonia antarctica do regato Vilar.

gametofito 1.jpg

Gametófitos de Dicksonia antarctica obtidos a partir de esporas sementadas en decembro de 2011

Os gametófitos de Dicksonia antarctica teñen unha morfoloxía  acorazonada formada por unha soa capa de células a través da que, xunto cos rizoides,  absorben a auga. Esta primeira fase do ciclo de vida dos fentos será a encargada de formar nos anteridios os anterozoides (gametos masculinos flaxelados)  que atraídos por quimiotaxis se dirixirán aos arquegonios productores dos gametos femininos nun proceso dependente da auga para favorecer o desprazamento dos espermatozoides.

gametofito 2.jpg

Cultivo de Dicksonia antarctica e aparición dos primeiros gametófitos no ano 2013 no Plan de Recuperación dos fentos arbóreos

DICKSONIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Distintas especies do xénero Dicksonia forman parte dos espazos axardinados da capital galega, dende a Alameda da cidade, cuxa historia se remonta ao século XIX, onde poden contabilizarse ata seis exemplares do de Dicksonia cun porte que vai de un a tres metros de altura, ata os xardíns da Praza de Galicia remodelados no 2014, incorporando exemplares de Dicksonia squarrosa á flora das partes axardinadas.

IMG_0320

 Dicksonia sp. na alameda de Santiago de Compostela coa Catedral da cidade ao fondo.

IMG_0321

 Exemplares de Dicksonia squarrosa  na Praza de Galicia de Santiago de Compostela.

IMG_0306

Dicksonia na Rúa Santo Domingo da Calzada nas inmediacións da Praza Roxa en Santiago de Compostela.