HISTORIA EN PEDRA

A historia natural e cultural da comarca e do Concello de Oia en particular están escritas en pedra. Dende os gravados rupestres, mámoas, puxeiros, muiños ou o foxo do lobo da Groba ata o propio mosteiro cisterciense.

[000522]

Gravado rupestre da Laxe da Auga dos Cebros. Fotografía: Manuel Angel Pombal (ANABAM).

Os gravados rupestres de Figueiredo ou Laxe da Auga dos Cebros na canle do Regato Vilar representan o contacto cultural entre os pobos do Mediterráneo e do Atlántico a través da representación de figuras animais e dunha embarcación de orixe ou influenza mediterránea.

IMG_0148

A Boca da Groba onde se atopa o Foxo do lobo Pedriño e os Puxeiros (imaxe). Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

O Foxo Pedriño na Boca da Groba de orixe medieval é un de tantos foxos do lobo espallados por Galicia pero o único representante nesta serra e cuxos restos se conservaron ata os nosos días.

mosteiro-de-oia-noe-ferreira-anabam

Mosteiro cisterciense de Oia. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

O Mosteiro da Orde do Císter que estivo activo dende o Século XII ata a desamortización de Mendizábal en 1835 foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931 e é o único da orde á beira do Atlántico o que lle conferiu o seu carácter defensivo da liña costeira.

Advertisements