PAZO DE SANTA CRUZ DE RIVADULLA

Dicksonia antarctica no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia

IMGP1348

O martes, 17 de abril de 2007 sae publicado no Diario Oficial de Galicia o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia, no cal se incluirán aqueles exemplares ou mouteiras cuxa conservación sexa necesario asegurar polos seus valores naturais, culturais, científicos, didácticos, estéticos ou paisaxísticos.

IMGP1339

Doutra banda, esa norma galega considera que o interese científico, estético ou monumental e ornamental dalgúns exemplares existentes en Galicia, de calquera especie botánica autóctona ou foránea, ou de agrupacións destes, aconsella que as normas protectoras se fagan extensivas a este tipo de árbores, xa que constitúen un patrimonio cultural valioso, de interese público, e irrecuperable no caso da súa destrución.

IMGP1432

O 3 de outubro de 2011 se actualiza o Catálogo galego de árbores senlleiras incluíndo aos exemplares de Dicksonia antarctica do Pazo  de Santa Cruz de Rivadulla no anexo I (Árbores senlleiras) do Catálogo galego de árbores senlleiras.

A historia do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla remóntase ao século XVI. Desde un primeiro momento os terreos dividíronse en zonas destinadas a edificacións, cultivos e xardíns. Estes últimos adquiriron especial relevancia a partir do século XIX ao incrementar a colección de camelias.

IMGP1484IMGP1463

Ligazón á páxina do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla con información historica e horarios de visita:

http://www.pazoderivadulla.com/

PDF – Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia (DOGA):

Decreto_67_2007_Catalogo_galego_arbores_senlleiras

 

ENTREVISTA NO PROGRAMA “CUÍDATE” DE LOCALIA TV

Entrevista por parte de Santiago Marcuño e Mayca Varela no programa “Cuídate!” de Localia TV a Manuel A. Pombal e Noé Ferreira-Rodríguez, membros da xunta directiva de ANABAM, onde entre outras cuestións se pregunta acerca dos Fentos arbóreos de Oia.

RECOLLIDA E SEMENTEIRA DE ESPORAS 2014

Por cuarto ano consecutivo pomos en marcha a recollida de esporas de Dicksonia antarctica coas que obter novos exemplares da especie cos que recuperar a poboación do regato Vilar.

Cada ano efectuamos a recollida das esporas no mes de decembro. Os bos resultados obtidos coas recollidas neste no ano 2011 indícanos que neste momento as esporas están en estado óptimo para a súa recollida e sementeira.

IMGP0541Soros de Dicksonia antarctica listos para recoller as esporas que conteñen. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

No envés das frondes se amosan no mes de decembro os soros maduros que conteñen as esporas. O procedemento levado a cabo é sinxelo, efectuamos a recollida de dúas pinnas de diferentes exemplares que introducimos no interior dunha folla de periódico que deixamos durante 15 días nun lugar seco.

IMGP0578

Pinnas recollidas e preparadas para o seu transporte. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

A medida que as pinnas secan os soros se abren liberando as esporas que serán sementadas. A sementeira efectuase sobre un substrato obtido a partir da mestura de terra do propio regato e turba ao 50% cada unha. Previamente, tanto os substratos empregados como a propia bandexa son esterilizados no microondas durante uns minutos a fin de eliminar os fungos que poidan estragar as esporas.

[000663]

Esporas de Dicksonia antarctica sementadas. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

Humedecemos ben o substrato e cando as esporas están sementadas, a bandexa tapada o máis herméticamente posible, lévase ata un lugar sen incidencia directa do sol, mantemos  unha temperatura que ronde os 20ºC e facemos un seguimento semanal pulverizando auga cando detectamos perda de humidade.

Esporófitos de Dicksonia antarctica

Os fentos como a Dicksonia antarctica alternan dúas fases no seu ciclo de vida, unha produtora de gametos: o gametófito ou protalo e outra produtora de esporas: o esporófito.

Polo xeral o esporófito é unha estrutura perenne na que se poden diferenciar como estructuras máis evidentes :

– o  estipe, rizoma erecto formado por materia morta que da lugar a un tronco que no caso de Dicksonia antarctica pode alcanzar varios metros de altura (entre 3 e 4 metros os exemplares xa desaparecidos en Oia);

– as frondes que poden superar os 5 metros pero que no caso dos exemplares presentes actualmente no regato Vilar apenas superan 1 metro polo escaso porte dos mesmos.

dicksonia antarctica

Esporófito xa desaparecido de Dicksonia antarctica anterior á vaga de lumes do ano 2006 onde se poden apreciar as frondes e o estipe de máis de dous metros de altura.

En primavera groman as novas frondes, alternando capas de frondes fértiles (produtoras de esporas) e estériles. No envés das frondes fértiles do esporófito poden apreciarse xa a comezos de outono os soros, que son agrupacións de esporanxios, os corpos produtores de esporas. As esporas están maduras a finais de ano, no mes de decembro, momento que é aproveitado para a súa recolección para obter os novos exemplares de Dicksonia antarctica.

2

Pinna dunha fronde fértil de Dicksonia antarctica fotografada en setembro no regato Vilar onde se poden apreciar os soros aínda verdes e sen desenvolver completamente.

 3

Soros maduros de Dicksonia antarctia a finais de ano no regato Vilar de Oia.

O crecemento do esporófito a partir da reprodución sexual (esporas) é moi lento e non non foi ata o terceiro ano de cultivo cando conseguimos obter exemplares coas primeiras frondes ben desenvolvidas baixo condicións controladas de humidade e temperatura.

5

Primeiro esporófito de Dicksonia antarctica obtido a partir de esporas no ano 2012 ao abeiro do Plan de recuperación da especie que ANABAM desenvolve no Baixo Miño.

 4

O mesmo esporófito de Dicksonia antarctica que na fotografía anterior no ano 2014, próximo xa a acadar o tamaño adecuado para ser transplantado no medio natural.

 

Gametófitos de Dicksonia antarctica

De xeito natural, unha vez maduras, as esporas son dispersadas polo vento xerminando e orixinando o gametófito (ou protalo) cando caen nunha localización axeitada. Nos traballos desenvolvidos durante as tarefas de reprodución da especie, as esporas conservaron a viabilidade ate tres anos despois de ser sementadas nos microinvernadoiros, orixinando ano tras ano novos gametófitos que unha vez fecundados darán lugar aos esporófitos, plantas adultas que pasarán a formar parte da poboación de Dicksonia antarctica do regato Vilar.

gametofito 1.jpg

Gametófitos de Dicksonia antarctica obtidos a partir de esporas sementadas en decembro de 2011

Os gametófitos de Dicksonia antarctica teñen unha morfoloxía  acorazonada formada por unha soa capa de células a través da que, xunto cos rizoides,  absorben a auga. Esta primeira fase do ciclo de vida dos fentos será a encargada de formar nos anteridios os anterozoides (gametos masculinos flaxelados)  que atraídos por quimiotaxis se dirixirán aos arquegonios productores dos gametos femininos nun proceso dependente da auga para favorecer o desprazamento dos espermatozoides.

gametofito 2.jpg

Cultivo de Dicksonia antarctica e aparición dos primeiros gametófitos no ano 2013 no Plan de Recuperación dos fentos arbóreos

DICKSONIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Distintas especies do xénero Dicksonia forman parte dos espazos axardinados da capital galega, dende a Alameda da cidade, cuxa historia se remonta ao século XIX, onde poden contabilizarse ata seis exemplares do de Dicksonia cun porte que vai de un a tres metros de altura, ata os xardíns da Praza de Galicia remodelados no 2014, incorporando exemplares de Dicksonia squarrosa á flora das partes axardinadas.

IMG_0320

 Dicksonia sp. na alameda de Santiago de Compostela coa Catedral da cidade ao fondo.

IMG_0321

 Exemplares de Dicksonia squarrosa  na Praza de Galicia de Santiago de Compostela.

IMG_0306

Dicksonia na Rúa Santo Domingo da Calzada nas inmediacións da Praza Roxa en Santiago de Compostela.

SINTRA (LISBOA) ALBERGA UNHA MAGNÍFICA COLECCIÓN DE FENTOS ARBÓREOS

Sintra foi, ao parecer, oprimeiro lugar de Europa onde se plantaron fentos arbóreos procedentes de Australia e Tasmania, segundo aparece na rede, alá polo século XIX, cando se empezaron a poñer de moda estas plantas en certos xardíns señoriais.

 Tivemos a oportunidade de ver algúns destes fentos.  Xa viramos outros tamén de sona, os de Busaco, hai uns anos.

O que observamos en Sintra, foi unha ínfima parte, o tempo non deu para visitar a zona máis espectacular dos fentos, que vai quedar para outra ocasión, pero foi suficiente para que nos dera aínda máis folgos para seguir traballando na protección e conservación dos FENTOS ARBÓREOS de Oia, ou do que queda deles.

Nada máis entrar no Palácio da Pena, xa quedamos abraidados polos primeiros fentos arbóreos e, claro, non podiamos deixar de pensar nos de Oia. Na xardín que aparece na zona central da fotografía, varios fentos arbóreos e, entre os contrafortes do Palácio, tamén poden verse algúns.

Magníficos exemplares de fentos arbóreos no xardín citado anteriormente, á entrada do Palácio. Cando foron descubertos os de Oia, no ano 2002, os maiores exemplares non acadaban a altura destes, pero tiñan, dende o noso punto de vista, un maior valor, xa que se trataban de exemplares silvestres, posiblemente os únicos do continente europeo e, posiblemente, cunha orixe máis vella que os de Sintra, xa que consideramos que esa orixe habería que buscala nos antigos moradores do Mosteiro Cisterciense de Oia.

En calquera caso, traemos aquí estes apuntes para que, entre todos, poidamos apreciar, protexer e conservar o patrimonio que temos na nosa comarca, un patrimonio que nos gustaría podese ser reivindicado e posto en valor, non só polos naturalistas de ANABAM, senón pola poboación en xeral.

Artigo orixinal: http://www.anabam.org/FENTOS%20ARBOREOS.html

Autor: Agustín Ferreira Lorenzo

Data: 30 de xaneiro de 2013

REBROTAN LOS HELECHOS DE OIA DADOS POR EXTINGUIDOS

Únicos en Europa y pertenecientes a la especie Dicksonia antarctica habían sido arrasados por el incendio que afectó a Viladesuso el pasado agosto .

EL CORREO GALLEGO

ENLACE AO ARTIGO

Artigo de XAIME LEIRO para EL CORREO GALLEGO o 15 de outubro de 2006.

[000563]

Fentos arbóreos (Dicksonia antarctica)  gromando tras os incendios do verán de 2006. Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM