FLORA EXÓTICA INVASORA: Iponema indica

Texto: Manuel Angel Pombal (ANABAM)

Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

En: http://www.anabam.org/IPOMOEA%20INDICA.htmlIMG_0377

Iponema indica na estrada de acceso ao regato Vilar, fotografía obtida en outibr de 2014.

A especie Ipomoea indica, é unha enredadeira perenne da Familia das Convolvulaceae que se coñece comunmente co nome de campaíña (campanita, maravilla). O nome Ipomoea procede do grego ips, ipos = verme e homoios = parecido, polo hábito voluble dos seus talos.

Descrición:

Trátase dunha planta perenne, cos talos rastreiros ou gabeadores apoiándose na vexetación circundante. Ten follas lobuladas (con 3 lóbulos redondeados), flores grandes (de ata 9 cm) e azuis ou violáceas, con corola infundibuliforme con 5 pétalos soldados en toda a súa lonxitude (como acontece en todas as convolvuláceas). O froito é unha cápsula con 4 sementes.

Descoñecemos se ten reprodución sexual, a rexeneración vexetativa parece ser a de maior importancia, mediante o enraizamento dos talos.

Hábitat

É orixinaria de Centroamérica e Améroca tropical, peroxa é unha especie invasora introducida en diferentes lugares do mundo, incluíndo Australia e a Europa Mediterránea. Foi introducida como especie ornamental e soe cultivarse en xardíns polas súas grandes flores azuis e a súa capacidade de tapizar rápidamente. Esta especie está moi estendida pola área costeira galega, principalmente nas proximidade de zonas urbanas, onde se desenvolve con rapidez tapizando muros e árbores.

Outras especies do xénero Ipomoea.

O xénero Ipomoea comprende unhas 500 especies de ampla distribución nos trópicos de ambos hemisferios. En España cultívanse varias especies deste xénero, tales como: I. alba, I. arborescens, I. batatas, I. bolusiana, I. bonariensis, I. cairica, I. carnea, I. hederifolia, I. horsfalliae, I. indica, I. lobata. I. mauritiana, I. nil (heredacea), I. pandurata, I. pes-caprae, I. purpurea, I. sagittata, I. setosa, I. stolonifera, I. tricolor, ou I. violacea.

 

A Ipomoea purpurea é parecida a I. indica, pero distínguese por ter flores máis pequenas e follas enteiras, mentres que as de I. indica son claramente lobuladas. En Galicia esta especie tamén foi citada nas Rías Baixas. 

Características xerais das Ipomoeas

As Ipomoeas constitúen un xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes ou arbustos, sempreverdes ou caducifolios, con ou sen látex, a miúdo cos talos volubles.

Follas: alternas, pecioladas ou subsésiles, enteiras, palmatilobadas ou pinnatífidas.

Flores: solitarias ou agregadas, cada flor con 2 bractéolas. Cáliz con 5 sépalos; corola con 5 pétalos, enteira ou lobulada, xeralmente infundibuliforme, máis raramente acampanada. Androceo con 5 estames insertos cerca da base do tubo da corola, opostos aos sépalos; anteras con dehiscencia lonxitudinal.

Froito: normalmente en cápsula con dehiscencia en 4-6 valvas ou con dehiscencia irregular, máis raramente indehiscente. Sementes 1-4 (-6).

Requiren solos de tipo medio, ben drenados e unha exposición soleada, con temperaturas que non descendan de 10 ºC, necesitando un soporte por onde gabear. Multiplícanse por sementes en primavera, que deben remollarse en auga quente antes de sementalas. As especies perennes tamén se poden multiplicar por esquexes.

As sementes dalgunhas especies, como I. tricolor, foron utilizadas como alucinóxenos porque contén derivados do ácido lisérxico.

Algunhas localizacións no Baixo Miño:

Na costa dos Soldados en Camposancos (concello de A Guarda); Río de Vilar, As Orelludas, Vilar (carretera) na parroquia de Pedornes e cerca da igrexa de Loureza (concello de Oia); Na senda dos pescadores de San Miguel de Tabagón e cerca do campo futbol e do  colexio (concello de O Rosal); Malvas (no concello de Tomiño).

Advertisements