HISTORIA EN PEDRA

A historia natural e cultural da comarca e do Concello de Oia en particular están escritas en pedra. Dende os gravados rupestres, mámoas, puxeiros, muiños ou o foxo do lobo da Groba ata o propio mosteiro cisterciense.

[000522]

Gravado rupestre da Laxe da Auga dos Cebros. Fotografía: Manuel Angel Pombal (ANABAM).

Os gravados rupestres de Figueiredo ou Laxe da Auga dos Cebros na canle do Regato Vilar representan o contacto cultural entre os pobos do Mediterráneo e do Atlántico a través da representación de figuras animais e dunha embarcación de orixe ou influenza mediterránea.

IMG_0148

A Boca da Groba onde se atopa o Foxo do lobo Pedriño e os Puxeiros (imaxe). Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

O Foxo Pedriño na Boca da Groba de orixe medieval é un de tantos foxos do lobo espallados por Galicia pero o único representante nesta serra e cuxos restos se conservaron ata os nosos días.

mosteiro-de-oia-noe-ferreira-anabam

Mosteiro cisterciense de Oia. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

O Mosteiro da Orde do Císter que estivo activo dende o Século XII ata a desamortización de Mendizábal en 1835 foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931 e é o único da orde á beira do Atlántico o que lle conferiu o seu carácter defensivo da liña costeira.

O MOSTEIRO DE OIA

O Mosteiro de Oia é un cenobio único da Orde Cisterciense que se erixe á beira do Atlántico, todos os demais pertencentes a esta Orde o fan no interior, en vales e cañadas. A súa orixe se lle atribúe ao Monarca Afonso VII a través da congregación en Oia de tres comunidades beneditinas dos arredores (Baiona, Oia e Loureza). Nun principio as reunións das tres comunidades realizábase só nos días de festa, pero no ano 1149 se produce a súa definitiva fusión no Mosteiro de Oia.

 

MOSTEIRO DE OIA NOE FERREIRA ANABAM

Mosteiro de Oia. Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM

Os monxes ata entón da Orde de San Bento se incorporan no 1185 a Orde do Císter e en 1547 fan o propio coa Congregación de Castela da mesma Orde.

Arquitectonicamente, os Mosteiro de Oia segue o “modelo máis puro e prestixioso do Císter” (Carmen Manso Porto). A súa edificación asimilou tres estilos artísticos que configuraron o seu aspecto actual: a mais austera arquitectura do Císter, o estilo Renacentista e o Barroco do XVIII.

A chegada a este Mosteiro podía realizarse por tres camiños i) o do mar dende Baiona que foi fundamental para o desenvolvemento do Mosteiro, ii) o das montañas que comunicou o cenobio co prolífico vale do Rosal, Tomiño e o Río Miño, e iii) o da Guarda que segue o trazado da antiga Vía Romana por onde accedían os camiñantes que se dirixían a Santiago de Compostela dende Portugal.