2016: entramos no último ano de proxecto.

Trala última sementeira realizada en decembro de 2014 e a piques de rematar este ano 2015 o número de exemplares de Dicksonia antarctica obtidos a partir de esporas no microviveiro de ANABAM supera xa o centenar de esporófitos. Non todos conseguirán sair adiante pero con eles agardamos chegar aos 30 exemplares finais que nos marcamos ao comezo do proxecto.

dicksonia antarctica anabam noe ferreira 2Exemplar de Dicksonia antarctica obtido a partir de esporas sementadas en decembro de 2012. En tres anos o fento non supera os 10 cm de tamaño das súas frondes, evidenciando o lento desenvolvemento desta especie.

dicksonia antarctica anabam noe ferreira

Os fentos da imaxe foron sementados en decembro de 2013, en dous anos apenas levantan uns centímetros do substrato.

dicksonia antarctica anabam noe ferreira 3

Centos de gametófitos e esporófitos mixtúranse  na última xeración de fentos obtidos a partir de esporas sementadas fai agora un ano, en decembro de 2014.

 

HISTORIA EN PEDRA

A historia natural e cultural da comarca e do Concello de Oia en particular están escritas en pedra. Dende os gravados rupestres, mámoas, puxeiros, muiños ou o foxo do lobo da Groba ata o propio mosteiro cisterciense.

[000522]

Gravado rupestre da Laxe da Auga dos Cebros. Fotografía: Manuel Angel Pombal (ANABAM).

Os gravados rupestres de Figueiredo ou Laxe da Auga dos Cebros na canle do Regato Vilar representan o contacto cultural entre os pobos do Mediterráneo e do Atlántico a través da representación de figuras animais e dunha embarcación de orixe ou influenza mediterránea.

IMG_0148

A Boca da Groba onde se atopa o Foxo do lobo Pedriño e os Puxeiros (imaxe). Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM)

O Foxo Pedriño na Boca da Groba de orixe medieval é un de tantos foxos do lobo espallados por Galicia pero o único representante nesta serra e cuxos restos se conservaron ata os nosos días.

mosteiro-de-oia-noe-ferreira-anabam

Mosteiro cisterciense de Oia. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

O Mosteiro da Orde do Císter que estivo activo dende o Século XII ata a desamortización de Mendizábal en 1835 foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931 e é o único da orde á beira do Atlántico o que lle conferiu o seu carácter defensivo da liña costeira.

RUTA MÁXICA DE OIA

O percorrido está en torno aos 20 km e transcorre entre os 100 e os 300 m sobre o nivel do mar. Sinalizado nas dúas direccións pero recoméndase facelo de sur a norte pasando ao pouco do seu comezo polo Regato Vilar onde podemos atopar aos fentos arbóreos de Oia. Nivel de dificultade baixo.

Premer na imaxe para acceder ao tríptico da ruta ou visitar http://www.anabam.org/RUTA%20MAXICA.html#rutmaxic para outros idiomas.

ruta maxica oia senderismo

CONCELLO DE OIA (PONTEVEDRA)

O Concello de Oia forma xunto aos Concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui a Comarca do Baixo Miño no suroeste de Galicia.

Con 18 km de costa e unha superficie de 84 km2 o Concello está dividido en seis parroquias: Burgueira, Loureza, Mougás, Santa María de Oia, Pedornes e Viladesuso.

IMG_0387

A baixa densidade de poboación caracteriza ao Concello cunha media de 35 habitantes por quilómetro cadrado.

A Serra da Groba marca a orografía do Concello e protexe á Comarca das inclemencia meteorolóxicas con cumios roldan os 600 m de altitude, a cota máxima a atopamos no alto da Groba a 652 m.

O clima oceánico marca as pautas anuais da rexión e caracteriazan a súa vexetación con temperaturas suaves (media de 12ºC, máximas de 30ºC e mínimas de 1ºC) e chuvias abundantes (en torno aso 2000 mm anuais).

Os cursos de auga que nacen na Groba e rematan no Atlántico caracterízanse por o seu curto curso e a elevada pendiente.

A Groba (Viladesuso, Oia)Os humidais de montaña aseguran un suministro constante de auga aos cursos de auga do Concello.

Botanicamente destacan os regatos Lavandeira e Vilar por posuír poboacións de fentos únicas como o caso da especie Dicksonia antarctica no Vilar ou ameazadas como a Woodwardia radicans no Lavandeira.

DSC00208O gando en réxime de semiliberdade é unha actividade ligada ao Concello e a toda a Serra da Groba dende hai séculos.

Máis información de interese sobre o Concello e os seus atractivos naturais:

SOBREIRAL DO FARO

http://www.anabam.org/SOBREIRAL%20DE%20FARO.html

RUTA DE SENDERISMO: RUTA MÁXICA DE OIA (TRÍPTICO GALEGO-CASTELÁN)

http://www.anabam.org/TRIPTICO%20RUTA%20MAXICA%20OIA%20Galego_Castelan.pdf

Máis información sobre a ruta e para acceder ao tríptico en máis idiomas visitar:

http://www.anabam.org/RUTA%20MAXICA.html

DEZ ANOS NO REGATO VILAR (2005 – 2014)

Os fentos arbóreos da especie Dicksonia antarctica centran parte dos esforzos de ANABAM dende o ano 2002 cando foron descubertos no Regato Vilar.1

No ano 2005 unha ducia de exemplares de Dicksonia antactica entre medio e tres metros podían atoparse nas ribeiras do Vilar. Xunto a eles se atopaban ata vinte pequenos esporófitos.

2

No verán de 2006 unha vaga de lumes arrasou parte dos montes da comarca incidindo especialmente sobre o Concello de Oia. Os Regato Vilar e as frondes dos fentos quedan reducidos a cinzas.

5No outono do mesmo ano 2006 as ladeiras sen vexetación non son capaces de absorber as intensas chuvias. As riadas que provocan levan por diante parte da poboación que queda reducida a sete exemplares.

?????????????????????????Pouco a pouco o regato e os fentos recuperan parte do esplendor perdido. A principal ameaza para os fentos é a seca que sufre o regato no verán e a falla de cobertura vexetal que os protexa do sol mantendo a humidade no ambiente.

6No ano 2011 novas riadas reducen a poboación a tan só catro exemplares, sendo preciso transplantar un dos mesmos parcialmente arrincado pola auga.

7As tarefas de control e protección dos fentos se intensifican tratando de salvagardar esta xoia botánica na comarca.

8No verán de 2013 o regato volve a levar un pequeno fío de auga por primeira vez dende o ano 2006.

IMGP0551Neste outono de 2014 o réxime hídrico segue sen estabilizarse e as chuvias seguen modificando a canle do regato.

O BAIXO MIÑO

 comarca do Baixo Miño abrangue cinco concellos da provincia de Pontevedra ao suroeste de Galicia: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. O territorio que ocupan estes cinco términos municipais abrangue suma unha extensión de 322.4 km2.

250px-Comarca_Baixo_Miño

Localización xeográfica da comarca do Baixo Miño (vermello) na provincia de Pontevedra (verde). Fonte da imaxe: http://en.wikipedia.org/wiki/O_Baixo_Mi%C3%B1o.

REBROTAN LOS HELECHOS DE OIA DADOS POR EXTINGUIDOS

Únicos en Europa y pertenecientes a la especie Dicksonia antarctica habían sido arrasados por el incendio que afectó a Viladesuso el pasado agosto .

EL CORREO GALLEGO

ENLACE AO ARTIGO

Artigo de XAIME LEIRO para EL CORREO GALLEGO o 15 de outubro de 2006.

[000563]

Fentos arbóreos (Dicksonia antarctica)  gromando tras os incendios do verán de 2006. Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM

ENTREVISTA EN RADIO CERNA

Entrevista para Radio Cerna a Noé Ferreira a propósito da Dicksonia antarctica, os fentos arbóreos de Oia, e o Plan de Recuperación posto en marcha por ANABAM no ano 2012. Data da entrevista 7 de xaneiro de 2013.

http://www.ivoox.com/recuperar-o-fento-arboreo-australiano-oia-audios-mp3_rf_1688237_1.HTML

radio cerna adega

Enlace á entrevista:

ENTREVISTA RADIO CERNA NOÉ FERREIRA ANABAM DICKSONIA

Radio Cerna é una iniciativa radiofónica de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) que constitúe o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista na comunidade.

 

ANFIBIOS DO VILAR

 

PINTAFONTES NOE FERREIRA ANABAM 2

Pintafontes común (Lissotriton boscai) no Regato Vilar (Oia). Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM.


No ano 2011 poideron verse no Regato Vilar centos de Pintafontes (Lissotriton boscai). Foi o último ano no que se produciu tal abundancia, os incendios forestais que levaron consigo a vexetación das ladeiras tamén eliminaron o almacén de auga durante o verán. Coa desaparición da vexetación o réxime hídrico do regato veuse alterado con riadas durante o outono e o inverno e secas durante os meses de verán. Estes feitos constitúen os estados de máxima alteración ao que pode ser sometido un curso de auga pasando de ser permanente a ter carácter estacional. Este desequilibrio no réxime hídrico leva asociada a imposibilidade de que se poida instalar unha ccomunidade de invertebrados que manteña aos organismos inmediatamente superiores na cadea trófica , neste caso aos Pintafontes, pero como eles, a Salamandriña galega (Chioglossa lusitanica) foi outra das grandes perxudicadas.

???????????????????????????????

Salamandriña galega (Chioglossa lusitanica) no Regato Vilar (Oia). Fotografía: Manuel A. Pombal – ANABAM.

PEGADAS DE XABARÍN (Sus scrofa)

Entre a fauna habitual do Regato Vilar os Xabarís (Sus scrofa) acoden os lamizais na procura de alimento. Aínda que non resulta sinxela a súa observación directa as súas pegadas na lama deixan constancia da súa presenza.

[000550]

Pisadas de Xabarín (Sus scrofa) na terra húmida, Regato Vilar (Oia). Fotografía: Noé Ferreira Rodríguez – ANABAM