RECOLLIDA E SEMENTEIRA DE ESPORAS 2014

Por cuarto ano consecutivo pomos en marcha a recollida de esporas de Dicksonia antarctica coas que obter novos exemplares da especie cos que recuperar a poboación do regato Vilar.

Cada ano efectuamos a recollida das esporas no mes de decembro. Os bos resultados obtidos coas recollidas neste no ano 2011 indícanos que neste momento as esporas están en estado óptimo para a súa recollida e sementeira.

IMGP0541Soros de Dicksonia antarctica listos para recoller as esporas que conteñen. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

No envés das frondes se amosan no mes de decembro os soros maduros que conteñen as esporas. O procedemento levado a cabo é sinxelo, efectuamos a recollida de dúas pinnas de diferentes exemplares que introducimos no interior dunha folla de periódico que deixamos durante 15 días nun lugar seco.

IMGP0578

Pinnas recollidas e preparadas para o seu transporte. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

A medida que as pinnas secan os soros se abren liberando as esporas que serán sementadas. A sementeira efectuase sobre un substrato obtido a partir da mestura de terra do propio regato e turba ao 50% cada unha. Previamente, tanto os substratos empregados como a propia bandexa son esterilizados no microondas durante uns minutos a fin de eliminar os fungos que poidan estragar as esporas.

[000663]

Esporas de Dicksonia antarctica sementadas. Fotografía: Noé Ferreira-Rodríguez (ANABAM).

Humedecemos ben o substrato e cando as esporas están sementadas, a bandexa tapada o máis herméticamente posible, lévase ata un lugar sen incidencia directa do sol, mantemos  unha temperatura que ronde os 20ºC e facemos un seguimento semanal pulverizando auga cando detectamos perda de humidade.